4/25/2006

 

A Revolución dos Caraveis

Tres décadas atrás desenvolveuse en Portugal a histórica Revolución dos Caraveis. Nela os militares portugueses subleváronse contra a ditadura de Salazar. O Exército revelouse de forma pacífica para tentar instaurar un réxime libertario.
Portugal entrou nunha fase de liberdade que nunca antes vivira, posto que a república fora interrompida por Oliveira Salazar e a súa ditadura fascista.
Durante o réxime, o presidente republicano estaba ás ordes de Salazar que xa tiña formada unha institución policial fascista, a PIDE.
Convocáronse eleccións ó longo deste período, mais os mandatarios utilizaban o fraude electoral para resultar gañadores de novo.
O dito réxime provocou que, a pesares da súa riqueza, o territorio portugués fose un dos máis pobres a nivel europeo.
Xa con Marcelo Caetano como gobernantes (sucesor de Salazar), desenvolveuse o maior problema do réxime, nas colonias loitábase por unha independencia á que os fascistas responderon con masacres de poboacións e escravitude para os colonos.
As Forzas Armadas eran rexeitadas polos mozos, que se vían obrigados a exiliarse para librarse de ingresar no Exército. E tamén os militares rexeitaban pelexar, cansos de batallas sen sentido. Deste xeito, formaron o Movemento das Forzas Armadas que se rebelaron contra a ditadura salazarista. Tentaban chegar á democracia sen violencia. Asi, o 25 de abril do 1974 as tropas saíron á rúa. Unha muller comezou a repartir caraveis aos soldados, caraveis que foron colocados nos canóns das armas. A Revolución logrou subsistir, e a súa supervivencia mostrouse ó pobo portugués através dunha canción de Zeca Afonso, Grândola, vila morena.
O afán de liberdade medraba cada día máis, acontecemento que marcou o rumbo das colonias, que loitaron pola súa independencia até lograr vencer.
As clase máis altas non estaban de acordo coas reformas que se estaban a realizar e exiliáronse.
Como conclusión, as Forzas Armadas deron un golpe de estado no 1975 e impúxose a democracia. Así, acabou a ditadura máis antiga de Europa, grazas a unha revolución na que o derramamento de sangue foi inexistente.
Carme Iglesias (4ºA)
Raquel Ríos (4ºB)

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?