12/12/2005

 

Un 50% menos de linguas neste século!!!

A organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) alertou de que perto da metade dos 6000 idiomas (que logho se din) que se falan no planeta corren o risco de desapareceren polo uso das Novas Tecnoloxías como Internet.
A pesar das vantaxes que nos ofrecen, están levando "Á EXTINCIÓN" a certos idiomas, xa que tres de cada catro páxinas en Internet están escritas en Inglés. Porén o número de cibernautas cuxa lingua materna non é o Inglés excede do 50%, porcentaxe que segue aumentando (e que non estaría mal reducir). As linguas máis ameazadas son as menos difundidas, especialmente a dos países africanos, ou as consideradas linguas minoritarias ou minoritarias, como a nosa.

12/05/2005

 

Máis tempo de radio en galego!!!

Como galego falantes que somos, queremos e debemos apoiar e intentar que haxa máis tempo de radio en galego. Estamos en Galiza e a lingua galega é o símbolo da nosa identidade. Para isto, oito emisoras galegas emiten, cada tarde, tres horas de radio en galego para fomentar así a utilización da nosa lingua. Estas emisoras emiten dende Radio Fene pero cabe a dúbida de que se traspase para Santiago.
Un dos obxectivos desta Radiodifusión é fomentar o uso do galego entre os ouvintes, xobre todo entre a xuventude. Para que isto sexa posíbel emítese en horarios onde a xente moza escoita a radio.
Non só debemos fomentar o galego entre a xuventude, senón que debemos intentar que se use en todos os ámbitos, dende os nenos e nenas na escola, eté as persoas máis mayores que non o utilicen.

12/02/2005

 

"O heroe".Rivas e Sarabela saen ao escenario.

A obra titulada "O heroe" de Manuel Rivas foi estreada pola compañía Sarela Teatro coincidindo coa celebración dos 25 anos da dita compañía e que coinciden tamén coa estrea de Manuel Rivas como autor teatral e o nomeamento de Ánxeles Cuña como nova responsabel do Centro Dramático galego.
A posta en escea da obra,coas luces ,e a música consegue que afloren en nós unha serie continuada da emocións.Nela Manuel Rivas,reflítenos a vida dun lexionario que volta á Coruña e asombrase de que ninguén sabía do que él viviu.
Namórase de Lucía que pon en contacto con aqueles que non queren cambiar o réxime.
Trátase pois dunha obra da época da dictadura que impresiona xa de entrada coa tortura do protagonista e que remata cun gran aplauso do público.

 

O idiOma en €uropa

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, fala galego por primeira vez no Comité das Rexións onde se asinou un acordo histórico para que a lingua se use na UE.
O 16 de Novembro pasará a Historia da Lingua Galega como unha das datas importantes no proceso de normalización da lingua, posto que asinou un acordo entre o Goberno Español e o Comité das Rexións co que se dá o visto e prace ao emprego do galego, do éuscaro e do catalán na Unión Europea. Con todo, o convenio estabelece que as traducións faranse só en castelán.
De todos os xeitos, hai quen considera que este paso (que para moitos é cara adiante) constitúe en realidade un retroceso, posto que no Parlamento Europeo xa se tiña utilizado o galego pola súa cohabitación amigábel co portugués, mentres Camilo Nogueira fora deputado.
Detrás destas dúas consideracións distintas do feito a respecto do uso do galego no Parlamento Europa, agóchanse dúas concepcións lingüísticas ben diferentes: a consideración do galego-portugués como unha única lingua histórica, fronte á consideración de galego e portugués como dúas linguas políticas diferentes na realidade actual.

 

REGULARIZACIÓN DAS AXUDAS AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O comité de expertos do Consello de Europa afirma que en Galiza, no que se refire a medios de comunicación, só se cumpriu unha pequena parte do compromiso de Estado coas linguas minoritarias, xa que só existe unha compañía de radio e outra de televisión en galego.
A Carta de Linguas Minoritarias recollía a necesidade dunha estación de radio totalmente en galego. E tamén recolle que o goberno debería impulsar, cando menos, unha canle de televisión kprivada só no noso idioma.
A nivel de prensa só hai un xornal en galego (Galicia Hoxe) e un semanario (A Nosa Terra). O comité de expertos piden que se regularicen as axudas, e que se cubran os custes adicionais dos medios que usan linguas minoritarias.
Tamén recolle que os galegos debiamos poder ver a televisión portuguesa e viceversa, xa que son linguas semellantes, e pide ao goberno español un acordo con Portugal.

 

Francisco Vázquez...

Paco para os amig@s... o galego débese utilizar na administración, na economía, na cultura... e na sociedade en xeral.
Porén é sorprendente que pidan que se utilice nos bancos á hora de pagar cheques, recibos, letras e outros asuntos financieiros, cando existen concellos como A Coruña que violan o marco legal, xa que o topónimo aparece en español.
Isto quere dicir, que non se vai cumprir o aconsellado polo consello de Europa na Carta das Linguas Rexionais no eido da administración.
Dentro de tres anos o Consello fará outro informe onde se verá se algo do que se recomendou foi cumprido, e unha vez máis comprobaremos, tristemente, que todo segue igual.

 

"Prestixiar o galego será moi difícil"

Marisol López afirma que "prestixiar o galego será moi dificil, pero lograr que a xente fale esta lingua e se sinta orgullosa dela é a fin básica para a Normalización Lingüística". Con todo, pensa que "o galego mellorou dende a transición e que a súa incorporación ao ensino foi esencial".
Sobre o asentamento do galego na administración comenta que "os políticos e toda a administración teñen que preocuparse por falar ben galego", pero tamén opina que os erros que cometemos débense á prensenza do castelán en todos os ámbitos. Con respecto aos medios de comunicacións primeiramente sinala que se lles facilitará un tradutor español-galego, mais posteriormente pensará con máis calma no tema. En relación co Plano de Normailización Lingüística, conta que a cantidade económica que pediron será suficiente para a súa aplicación. Na súa opinión, habería que comezar coa aplicación do PNL na Administración, por exemplo, en xustiza. Vaise levar a cabo unha proposta (feita por unha comisión técnica) sobre as medidas que haberá que levar adiante no 2006. No eido do ensino, en relación á posta en marha da gratuidade para os libros de texto, di que: "é un aspecto que non afecta só á promoción do galego, de ser así, estaría totalmente de acordo". No tocante a Galiza, pensa que "temos unha oportunidade para cambiar moitas cousas para ben".

Cristina Calviño 4ºESO B


This page is powered by Blogger. Isn't yours?