4/25/2006

 

A Revolución dos Caraveis

Tres décadas atrás desenvolveuse en Portugal a histórica Revolución dos Caraveis. Nela os militares portugueses subleváronse contra a ditadura de Salazar. O Exército revelouse de forma pacífica para tentar instaurar un réxime libertario.
Portugal entrou nunha fase de liberdade que nunca antes vivira, posto que a república fora interrompida por Oliveira Salazar e a súa ditadura fascista.
Durante o réxime, o presidente republicano estaba ás ordes de Salazar que xa tiña formada unha institución policial fascista, a PIDE.
Convocáronse eleccións ó longo deste período, mais os mandatarios utilizaban o fraude electoral para resultar gañadores de novo.
O dito réxime provocou que, a pesares da súa riqueza, o territorio portugués fose un dos máis pobres a nivel europeo.
Xa con Marcelo Caetano como gobernantes (sucesor de Salazar), desenvolveuse o maior problema do réxime, nas colonias loitábase por unha independencia á que os fascistas responderon con masacres de poboacións e escravitude para os colonos.
As Forzas Armadas eran rexeitadas polos mozos, que se vían obrigados a exiliarse para librarse de ingresar no Exército. E tamén os militares rexeitaban pelexar, cansos de batallas sen sentido. Deste xeito, formaron o Movemento das Forzas Armadas que se rebelaron contra a ditadura salazarista. Tentaban chegar á democracia sen violencia. Asi, o 25 de abril do 1974 as tropas saíron á rúa. Unha muller comezou a repartir caraveis aos soldados, caraveis que foron colocados nos canóns das armas. A Revolución logrou subsistir, e a súa supervivencia mostrouse ó pobo portugués através dunha canción de Zeca Afonso, Grândola, vila morena.
O afán de liberdade medraba cada día máis, acontecemento que marcou o rumbo das colonias, que loitaron pola súa independencia até lograr vencer.
As clase máis altas non estaban de acordo coas reformas que se estaban a realizar e exiliáronse.
Como conclusión, as Forzas Armadas deron un golpe de estado no 1975 e impúxose a democracia. Así, acabou a ditadura máis antiga de Europa, grazas a unha revolución na que o derramamento de sangue foi inexistente.
Carme Iglesias (4ºA)
Raquel Ríos (4ºB)

4/18/2006

 

A FUNCIÓN DA LITERATURA NON É CONTAR O QUE FOI SENÓN INVENTALO

Nunha entrevista que concedeu ao xornal ''A Nosa Terra'', o escritor, Antón Riveiro Coello fala da súa obra que considera moi pegada á terra que habita. A mellor herdanza do ourensán é galego que ten dentro, que escoitou desde pequeniño e co cal escribe don naturalidade.
Para el a función de literatura non é contar o que foi senón intentalo, ás veces contando o que nos gustaría que fose. Nesta sociedade demócrata e de progreso que vivimos, algunhas partes da nosa historia tenden a borrarse, por iso nos seus libros o afán de coñecer o pasado é unha necesidade, que vai unida á imaxinación.
Desde hai moito tempo a literatura compite con outros soportes coma o cine, pero aínda que os temas sexan comúns, son maneiras diferentes de contar as do audiovisual e as da literatura; Riveiro Coello baséase nisto para argumentar que os personaxes dos seus contos tenos que debuxar o lector dentro de si, e, se as súas novelas fosen levadas ao cine romperíase a maxia.
Raquel Ríos Dafonte 4ºB

4/07/2006

 

Gaiteiros do vento

Co vento como punto de partida, Pepe Vaamonde Grupo presenta o seu segundo disco "Onde nace o vento", no que a tradición se reconcilia coon instrumentos e sonoridades máis vangardistas.
Tres anos despois de que Pepe Vaamonde Grupo se dera a coñecer co disco debut "Aviouga", o quinteto Folk reaparece co novo traballo. Mais desta vez, o novo disco vén acompañado dun feixe de novidades que dan conta da súa evolución como músicos e da consolidación como grupo deste quinteto que naceu no ano 2000.
Ademais da gaita, as frautas, a pandeireta e as percusións, este novo traballo inclúe instrumentos arredados do folclore tradicional como o piano, o saxo ou a batería. Novas sonoridades que casan ben coa nova idea defendida polo grupo de que a tradición debe ser actualizada, aínda que sen estridencias. A maneira de que a música tradicional evolucione é contribuíndo cun novo repertorio. Para a gravación deste disco o Pepe Vaamonde Grupo contou coa participación de importantes figuras dentro do panorama Folk internacional.
Mais a pesar do labor de composición e de gravación, a clave de Pepe Vaamonde Grupo está no directo. Festa e troula acompañadas do bo facer sobre as táboas.
Roberto Bello Andreo

 

CÓNTAME 0UTRO C0NT0!!!! :):):)

A editorial galega OQO acaba de publicar 5 novas propostas para achegar aos nenos máis pequenos as trdicións orais das distintas culturas, e zonas do mundo. Tanto é asi que estas propostas xa se poden atopar en librarias en Portugal, EEUU e Xapón.
no pasado outono sairon 2 contos en ruso e traducíronse ao galego, castelán e catalán:Verlioka, ilustrado por Sergio Mora que é catalán;e A bruxa regañadentes, co traballo gráfico do italiano Mauricio A.C Quarello, que ilustra por primeira vez no estado español.
Da cultura agricana OQO pública os contos de "palabras de cocodrilo" de Burquina Faso, ilustrado por o santiagués Iván Prieto; e "A cousa que máis doe no mundo", de Costa de Marfil, ilustrado polo catalán Roger Olms.
"Valentino" é unha obra que chega de Etiopía, ilustrado pola italiana Renata Gallio. OQO pretende que o 2006 remate coa produción de 12 títulos, en galego, castelán e catalán, e a inauguración dunha nova colección, OQO para rapaces de máis 12 anos.
A intención da editorial está apoiada por autores e ilustradores. Apostan pola calidade da edición. Intentan que cada libro sexa único.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?