2/03/2006

 

A PRIMEIRA VEZ

O día 14 de novembro do 2004 foi o día das xuntanzas das comunidades nas que se fala o galego-portugés.Nese día xa citado xuntáronse en Agolada, centro de Galiza xentes de diversos lugares, como Extremadura, O Bierzo ou Asturias... todos estes lugares tiñan un elemento de encontro: todos falaban o mesmo idioma e tiñan un pouquiño da mesma cultura. Foi a primeira vez que se xuntaron para algo histórico como foi dar fe da nosa cultura, do noso patrimonio, da nosa herdanza ...
Neste día tamén recordaban con eles a música, a arte, a literatura, a ciencia, a comunicación,algo pouco valorado pero moi propio dun lugar. Hoxe consideran esta xuntanza como unha xuntanza de amigos que loitan por conservaren a súa cultura.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?