12/02/2005
REGULARIZACIÓN DAS AXUDAS AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
O comité de expertos do Consello de Europa afirma que en Galiza, no que se refire a medios de comunicación, só se cumpriu unha pequena parte do compromiso de Estado coas linguas minoritarias, xa que só existe unha compañía de radio e outra de televisión en galego.
A Carta de Linguas Minoritarias recollía a necesidade dunha estación de radio totalmente en galego. E tamén recolle que o goberno debería impulsar, cando menos, unha canle de televisión kprivada só no noso idioma.
A nivel de prensa só hai un xornal en galego (Galicia Hoxe) e un semanario (A Nosa Terra). O comité de expertos piden que se regularicen as axudas, e que se cubran os custes adicionais dos medios que usan linguas minoritarias.
Tamén recolle que os galegos debiamos poder ver a televisión portuguesa e viceversa, xa que son linguas semellantes, e pide ao goberno español un acordo con Portugal.