12/05/2005

 

Máis tempo de radio en galego!!!

Como galego falantes que somos, queremos e debemos apoiar e intentar que haxa máis tempo de radio en galego. Estamos en Galiza e a lingua galega é o símbolo da nosa identidade. Para isto, oito emisoras galegas emiten, cada tarde, tres horas de radio en galego para fomentar así a utilización da nosa lingua. Estas emisoras emiten dende Radio Fene pero cabe a dúbida de que se traspase para Santiago.
Un dos obxectivos desta Radiodifusión é fomentar o uso do galego entre os ouvintes, xobre todo entre a xuventude. Para que isto sexa posíbel emítese en horarios onde a xente moza escoita a radio.
Non só debemos fomentar o galego entre a xuventude, senón que debemos intentar que se use en todos os ámbitos, dende os nenos e nenas na escola, eté as persoas máis mayores que non o utilicen.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?