11/28/2005

 

"Os libros de texto non só teñen que ser gratuítos,tamén deben estar en galego"

Segundo Carlos Callón,presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, os libros de texto infrixen a lei en moitos centros galegos.
Aproximadamente no 90% dos centros impártense clases en castelán debendo ser en galego, seguindo o idioma no que están os libros de texto.Porén, a situación agrávase cando o idioma dos libros e o que se utiliza nas clases é diferente.O comportamento do ensino non está sendo coherente.Ante a indiferenza da Administración, A Mesa Pola Normalización Lingüística pide á Consellaría que se substituían os libros que non cumpran a lei.Se non se cambian estarán catro anos sen incidir na galeguización do ensino.Foi tamén esta entidade a que puxo en marcha un proceso penal contra a Inspección de Ensino que non obriga a cumprir a lei nas escolas.
Como é posíbel que a Administración e a Inspección de Ensino estean actuando ilegalmente?Ademais,quen pode xulgar esta ilegalidade?Quizais ese sexa o problema!

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?