11/21/2005

 

Lugrís,artista das Letras Galegas 2006!!! atrévete a coñecelo!!

Este ano, o Plenario da Real Academia Galega, nunha das súas reunións decidiron adicar o Día das Letras Galegas 2006 a Manuel Lugrís Freire( Sada, 1863-A Coruña, 1940).
A biografía e obra de Lugrís mostran unha vida de total entrega á dignificación e a defensa da lingua galega, sempre unida á defensa de Galicia. En Cuba fundou o primeiro xornal en galego; foi un dos fundadores da Academia Galega e o seu Presidente entre o 28 de abril do 1934 e o 20 de agosto do 1935; foi o primeiro que usou o galego nun mitin sen ningún pudor; en 1916 participou na contitución da Irmandade da Fala da Coruña; en 1922 publicou Gramática do idioma galego, escrita en galego; en 1923 ingresou no Seminario de Estudos Galegos cun discurso que falaba de Pondal (sabedes quen é non?) e en 1932 participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía representando ao Partido Galeguista( claro, non ían ir todos....)
Respecto A produción literaria, tratou case todos os temas, pero destaca a súa obra teatral, coa que anaugurou o teatro galego en prosa. En 1894 publicou o primeiro libro de versos, Soidades; 1901, Noitrebas, que tamén era un libro de versos. En 1903 publicou A ponte, unha peza teatral que estrou no Teatro principal da Coruña ese mesmo ano;En 1904 o drama Minia, que se estreou no teatro Jofre de Ferrol, entre outras...
Ademáis da súa extensa produción literaria tamén foi colaborador na prensa da época, os seus artigos foron publicados nas seguintes revistas: Revista gallega, A Nosa Terra, A Gaita Gallega, El Eco de Galicia etc...

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?